Passar para o conteúdo principal
Paco Dieguez - Matama - Laza
Matama - Laza (Ourense)

Paco Dieguez es un artesano de máscaras del Entroido de Matama y Laza, en la provincia de Ourense, Galicia.

Informação de contacto
Matama - Laza (Ourense)
"Cocía a madeira coa que despois traballaba as máscaras, madeiras duras, pero agora as máscaras son de amieiro".

PACO DIEGUEZ, UN GRANDE ARTESÁN DO MUNDO DA MÁSCARA

 

Paco Diéguez, comezou a facer máscaras de peliqueiro moi xoven.

No ano 64, logo marchei un tempo fora e, á volta, continúei coas máscaras – contou noutrora.

Paco vive o mundo da máscara dende dentro, non só é artesán, senon que participa no entroido de Matamá, Laza, como peliqueiro, e coa MORENA, que sae do seu obradoiro.

En canto ao proceso de creación das caratuas das máscaras, Paco contou noutrora:

- Cocía a madeira coa que despois traballaba as máscaras, madeiras duras, pero agora as máscaras son de amieiro.

Rosa Boó, a muller de Paco é unha grande anfitriona e participa no entroido activamente, como seus dos fillos, Olalla D'Boó e Alberte Dieguez, moi entroideiros, aos que se sumou Andrés Rozados, o home de Olalla, e a meniña, a nova peliqueiriña.

Rosa vive o entroido e participa activamente, tamén sae coas MADAMAS pola noite. Rosa contou as diferentes versións das caratuas de máscaras que fai Paco e din con orgullo:

-Miña filla Olalla é quén pinta as mitras.

-Son réplicas – apuntou Paco – recuperación das máscaras máis antigas.

Olalla Boó é unha artistaza, fai debuxos e pinta as mitras das caratuas dos peliqueiros, con debuxos de animais e outros que solicitan.

A familia de PACO&ROSA, son  entroideiris, viven o mundo do entroido  apaixonadamente; é un luxo ser sua amiga, entrar no OBRADOIRO DE PACO, e descubrir unha MORENA de máscaras e morenas,  NUMEROSAS PEZAS DE MADEIRA, CARATUAS  PREPARADAS RIBA DA MESA, PARA SER TRABALLADAS.

 

Máscaras de Paco Diéguez

Fotos e memoria: Mercedes Vázquez

Fun ao ENTROIDO DE MATAMÁ. LAZA, e gostei moitísimo da autenticidade do mesmo, é moi interesante A SAÍDA DA MORENA, así como os FOLIÓNS NOCTURNOS, e a saída dos CIGARRÓNS e a saíada das MADAMAS na soedade do monte e dos peliqueiros as CHOCAS.

Grazas Paco Dieguez, Rosa Boó, Olalla D Boó, Alberto Dieguez, Andrés Rozados, e a nova peliqueiriña. Unha familia entroideira moi querida.

Nota: Fun varios anos á saída da MORENA de MATAMÁ, tamén aos FOLIÓNS NOCTURNOS e á saída das MADAMAS, e até fun á FESTA DE MATAMÁ no verán.

Máscaras - Paco Dieguez

Máscara - Paco Dieguez