Paco Dieguez es un artesano de máscaras del Entroido de Matama y Laza, en la provincia de Ourense, Galicia.

PACO DIEGUEZ, UN GRANDE ARTESÁN DO MUNDO DA MÁSCARA
Paco Diéguez, comezou a facer máscaras de peliqueiro moi xoven.
No ano 64, logo marchei un tempo fora e, á volta, continúei coas máscaras – contou noutrora.
Paco vive o mundo da máscara dende dentro, non só é artesán, senon que participa no entroido de Matamá, Laza, como peliqueiro, e coa MORENA, que sae do seu obradoiro.
En canto ao proceso de creación das caratuas das máscaras, Paco contou noutrora:
- Cocía a madeira coa que despois traballaba as máscaras, madeiras duras, pero agora as máscaras son de amieiro.
Rosa Boó, a muller de Paco é unha grande anfitriona e participa no entroido activamente, como seus dos fillos, Olalla D'Boó e Alberte Dieguez, moi entroideiros, aos que se sumou Andrés Rozados, o home de Olalla, e a meniña, a nova peliqueiriña.
Rosa vive o entroido e participa activamente, tamén sae coas MADAMAS pola noite. Rosa contou as diferentes versións das caratuas de máscaras que fai Paco e din con orgullo:
-Miña filla Olalla é quén pinta as mitras.
-Son réplicas – apuntou Paco – recuperación das máscaras máis antigas.
Olalla Boó é unha artistaza, fai debuxos e pinta as mitras das caratuas dos peliqueiros, con debuxos de animais e outros que solicitan.
A familia de PACO&ROSA, son entroideiris, viven o mundo do entroido apaixonadamente; é un luxo ser sua amiga, entrar no OBRADOIRO DE PACO, e descubrir unha MORENA de máscaras e morenas, NUMEROSAS PEZAS DE MADEIRA, CARATUAS PREPARADAS RIBA DA MESA, PARA SER TRABALLADAS.
Máscaras de Paco Diéguez
Fotos e memoria: Mercedes Vázquez
Fun ao ENTROIDO DE MATAMÁ. LAZA, e gostei moitísimo da autenticidade do mesmo, é moi interesante A SAÍDA DA MORENA, así como os FOLIÓNS NOCTURNOS, e a saída dos CIGARRÓNS e a saíada das MADAMAS na soedade do monte e dos peliqueiros as CHOCAS.
Grazas Paco Dieguez, Rosa Boó, Olalla D Boó, Alberto Dieguez, Andrés Rozados, e a nova peliqueiriña. Unha familia entroideira moi querida.
Nota: Fun varios anos á saída da MORENA de MATAMÁ, tamén aos FOLIÓNS NOCTURNOS e á saída das MADAMAS, e até fun á FESTA DE MATAMÁ no verán.