Entroido do Cabe - Perfil dos Segredos de Pantón
Entroido do Cabe
Tirado do Perfil de Segredos de Pantón
Este entroido era unha festividade nas parroquias de San Fiz de Cangas (Arribada) San Xoán de Frontón (Frontón, Lornís e Seragude) e San Romao de Acedre (Budián).
- 𝑆𝑎𝑛 𝐹𝑖𝑧 𝑑𝑒 𝐶𝑎𝑛𝑔𝑎𝑠
Ao entroido da Arribada, viña xente de tódalas aldeas da freguesía incluido xente de outras parroquias como poderían ser de San Andrés de Següín e de Santo Estevo de Espasantes.
- 𝐹𝑟𝑜𝑛𝑡𝑜́𝑛
Nesta parroquia viñan dende Pombeiro, Vilamirón ou da Torre de Vilamirón (todas estas aldeas de San Vicenzo de Pombeiro) a festexalo Entroido.
Nesta freguesía facían o Entroido no patio dos Vázquez na aldea de Frontón.
Non faltaba a música cun acordeón de Sober e gaitas.
- 𝑆𝑎𝑛 𝑅𝑜𝑚𝑎𝑜 𝑑𝑒 𝐴𝑐𝑒𝑑𝑟𝑒
Nesta parroquia ao ser o epicentro en Budián para avisar o comezo do entroido puñan un pano pintado con lama na entrada do lugar.
Un dos ritos da festividade era pasear o entroido por toda a parroquia: Budián, Abelaira, Cima de Vila, Acedre, San Romao, O Cotillón e de volta a Budián.
𝑇𝑒𝑎𝑡𝑟𝑜
Polo entroido facían obras de teatro que podían dividirse en 3 tipos:
- Partixas onde facían que dividían as fincas.
- Casamentos, e o que facía de cura levaba un touciño por diante e outro por detrás.
- Partos, onde homes facían de mulleres, empregando cebolas para os peitos e de barriga puñan un gato e logo facían o “parto”.
𝑃𝑒𝑟𝑠𝑜𝑎𝑥𝑒𝑠
Farranquí/ Farramplán/Meco
A denominación en San Romao de Acedre é farranquí e en San Fiz de Cangas é farramplán ou meco ao igual que en San Xoán de Frontón. Esta persoaxe é o rei do Entroido, incluso participaba na morte do Entroido e nos xoves de compadres e comadres
Eran máis ao bruto feito con trapos con teas vellas. Levaban cencerros na cadeira, unha barra na mao e caldeiros con cinsa.
Nos entroidos os farramplás ían vestidos de negro con chaquetas e pantalóns vellos e caretas compradas de animais como porcos, vacas, de caras espalmadas.... e levaban ás veces chapeus de palla ou negros de pano e algúns levaban unha cadea e unha vara na man. Tamén campanillas como as da igrexa.
Van de branco/ Dama e Cabaleiro/Mázcaras
A denominación na aldea de San Romao de Acedre é van de branco e na San Fiz de Cangas e en San Xoán de Frontón é dama e cabeleiro ou mázcaras.
Algúns eran delicados feitos para lucir a roupa boa coma os traxes, con almohadóns coma bandas no peito con encaixe. Na cabeza levaban un sombreiro, con forma cónica con bandas de cores.
Outros homes ían de branco con pantalon (feito de fundas de almohada) e camisa e unha toalla bonita atravesada e un capucho de cartón alto de pico e con cintas de cores longas cosidas encima. A careta de caras de cartón pintadas . Algúns levaban bastón.
As mulleres ían con saia longa feita de sábanas e unha blusa ou xersei de manga longa. E na cabeza chapeus de home de pano forrados de branco con tea e por encima un tapete bonito de cores. Na cara un pano fino de rede e cortábase a zona dos ollos para ver.
Levaban nas costas unha colcha bonita atada ao pescozo.
Tanto homes como mulleres ás veces puñan follas de hedra nos pantalóns ou nos mantos (estes últimos as mulleres).