Passar para o conteúdo principal

VI Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño, O SIL Info, 31-12-2019

A VI Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño contará con máscaras italianas

Este encontro, que este ano pasa a chamarse ViboMask, reunirá o 11 e 12 de xaneiro medio cento de tradicións da península

31 de Decembro de 2019

Mamuthones e Issohadores de Sardeña (Italia), máscaras que poderán verse en Viana e en Vilariño en xaneiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na súa sexta edición a Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño de Conso, prevista para o 11 e o 12 de xaneiro, ábrese, por vez primeira, a máscaras de fóra da península. Así, desta volta poderá verse neste encontro internacional aos Mamuthones e Issohadores (Mamoiada, Nuoro, Italia), un grupo sardo que mantiña un intercambio cultural no verán deste ano 2019 cos Fulións Rurais de Viana do Bolo.

Ademais dende esta edición a mascarada pasará a chamarse Festival ViboMask. Nela congregará a uns 800 participantes. No programa, que contará con diversas actividades, sobrasaen os dous desfiles, con máis de medio cento de celebración ligadas á máscara. O sábado 11 de xaneiro ás 16:30h. terá lugar en Viana do Bolo (con saída dende o Toural e remate na praza Maior) e o día 12 ás 11:30h. en Vilariño de Conso.

Neste festival por Viana e Vilariño desfilarán máscaras de diferentes puntos de Galicia (un total de 30), con especial protagonismo para as ourensáns e para os fulións da parte oriental da provincia, así como de Castela e León (4), Castela A Mancha (1), Cantabria (2), País Vasco (2), norte de Portugal e Sardeña (Italia).

Este evento será organizado por diversas entidades entre as que están os Fulións Rurais de Viana, a Asociación Robreda, a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño e a Asociación de Mulleres Rurais Bibei, ademais dos Concellos de Viana e Vilariño.

 

Artigos relacionados

Photo of Conta atrás para a VI ViBoMask, a maior concentración de mascaradas de inverno da península

Conta atrás para a VI ViBoMask, a maior concentración de mascaradas de inverno da península

8 de Xaneiro de 2020

Photo of Medio cento de festas de inverno estarán na VI Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño de Conso

Medio cento de festas de inverno estarán na VI Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño de Conso

8 de Xaneiro de 2020

Photo of O cosmopolitismo empeza pola casa

O cosmopolitismo empeza pola casa

6 de Xaneiro de 2020

Adicionar novo comentário

O código de idioma do comentário.