Passar para o conteúdo principal

Careto de Lazarim - Texto e fotografia de Mercedes Vázquez Saavedra

CARETO de LAZARIM.

Famosos polas máscaras de madeira e pola indumentaria vexetal. Os artesáns de Lazarim, levan anos tallando ás máscaras, nos seus obradoiros que se espallan pola propia aldea. No 2006, fun até Lazarim, xa fora anteriormente o domingo gordo, pero tiña intención de ollar o martes do entroido devagariño e quedei sorprendida. Voltei outras veces a Lazarim co gallo de ollar aos artesáns tallando as máscaras.

Máis no 2009 ao chrgsr de novo até Lazarim, andaban a voltas co MUSEO do ENTRUDO, todo eran pláns, pero observei que vivían o "entrudo" con moita intensidade. Os xoves escribían os "testamentos", críticas sociais á veciñanza etc, e tiñan concursos de máscaras, e xa os fotógrafos andaban por alí a cen, intentando captar aos CARETOS. Quen me ía dicir a min, que no 2019, ía ter unha expo durante todo ano no CENTRO DE INTERPRETAÇÂO DA MÁSCARA IBÉRICA DE LAZARIM. O mundo é ben pequeno.

"CARETO de LAZARIM". 2017

Foto: Mercedes Vázquez

Nenhuma descrição de foto disponível.

 

Comentários

Adicionar novo comentário

O código de idioma do comentário.